sábado, 21 de febrero de 2015

Actividades do 1º trimestre

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organizamos unha serie de actividades con unha gran acollida por parte do equipo docente do centro, estas imaxes pertencen á Exposición terrorífica do Samaín, e o concurso " O meu desexo neste Nadal" de postais navideñas.




No Nadal

Isto é unha pequena mostra das actividades que fixemos no Nadal: Fomos a Correos levar as postais que fixemos para os nosos compañeiros de clase, participamos no Festival coa nosa "Árbore dos desexos " e cantando unha panxoliña, e recibimos con moitos nervos a PAPA NOEL, que chegou cargado de agasallos para tod@s!!