jueves, 26 de marzo de 2015

NAVEGAMOS POLO BARCO MURALLA!

Os rapaces e rapazas do Ceip de Meira enrolámonos na aula-barco Muralla de Lugo o pasado martes, 24 de marzo, para desfrutar e aprender a riqueza patrimonial, natural e histórica da nosa provincia.







lunes, 23 de marzo de 2015

DÍA DA ÁRBORE


Este ano, coma todos os anteriores, celebramos o Día da Árbore coa participación de todo o alumnado e profesorado do colexio. O acto tivo lugar o 19 de marzo, pero antes dese día traballáronse nas aulas as unidades didácticas elaboradas ao efecto pola Área de Medioambente da Deputación Provincial. Neste día fíxose a prantación dun acevo doado polo organismo provincial. O acto tivo lugar ás 12:00 horas ao que asistiu a Deputada provincial e responsable da Área de Medioambiente, Dª Sonsoles López Izquierdo.