SOMOS UN CENTRO DE INFANTIL E PRIMARIA QUE SE ATOPA NA VILA DE MEIRA, PROVINCIA DE LUGO. TEMOS SECCIÓNS BILINGÜES E AUXILIAR DE CONVERSA. ESTE BLOG É UNHA PEQUENA MOSTRA DO NOSO INTERESE POR FOMENTAR O USO DA BIBLIOTECA E DAS TICS.
lunes, 16 de noviembre de 2015
SAÍDA A GARABULLOS
Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria fumos de excursión a Garabullos para saír da aula, conectar coa natureza e aprender dela. Aquí vos deixamos unha proba da nosa experiencia.
jueves, 26 de marzo de 2015
NAVEGAMOS POLO BARCO MURALLA!
Os rapaces e rapazas do Ceip de Meira enrolámonos na aula-barco Muralla de Lugo o pasado martes, 24 de marzo, para desfrutar e aprender a riqueza patrimonial, natural e histórica da nosa provincia.
lunes, 23 de marzo de 2015
DÍA DA ÁRBORE
Este ano, coma todos os anteriores, celebramos o Día da Árbore coa participación de todo o alumnado e profesorado do colexio. O acto tivo lugar o 19 de marzo, pero antes dese día traballáronse nas aulas as unidades didácticas elaboradas ao efecto pola Área de Medioambente da Deputación Provincial. Neste día fíxose a prantación dun acevo doado polo organismo provincial. O acto tivo lugar ás 12:00 horas ao que asistiu a Deputada provincial e responsable da Área de Medioambiente, Dª Sonsoles López Izquierdo.
viernes, 13 de marzo de 2015
Visita ao MUSEO
Esta semana os nenos e nenas de Infantil fomos ao MUSEO PROVINCIAL de LUGO.
Alí os grupos de 3 e 4 anos fixemos un puzle xigante coa obra "A escola de Doloriñas", da pintora lucense Julia Minguillón, mentras que o grupo de 5 anos fomos de "safari" polas distintas salas do Museo buscando animais que estaban agochados nos cadros. Foi xenial!!
Alí os grupos de 3 e 4 anos fixemos un puzle xigante coa obra "A escola de Doloriñas", da pintora lucense Julia Minguillón, mentras que o grupo de 5 anos fomos de "safari" polas distintas salas do Museo buscando animais que estaban agochados nos cadros. Foi xenial!!
O NOSO ENTROIDO
Mostra dos traballos realizados por algúns cursos de primaria sobre as distintas personaxes típicas do Entroido en Galicia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








.jpg)






.jpg)