lunes, 23 de marzo de 2015

DÍA DA ÁRBORE


Este ano, coma todos os anteriores, celebramos o Día da Árbore coa participación de todo o alumnado e profesorado do colexio. O acto tivo lugar o 19 de marzo, pero antes dese día traballáronse nas aulas as unidades didácticas elaboradas ao efecto pola Área de Medioambente da Deputación Provincial. Neste día fíxose a prantación dun acevo doado polo organismo provincial. O acto tivo lugar ás 12:00 horas ao que asistiu a Deputada provincial e responsable da Área de Medioambiente, Dª Sonsoles López Izquierdo.










viernes, 13 de marzo de 2015

Visita ao MUSEO

Esta semana os nenos e nenas de Infantil fomos ao MUSEO PROVINCIAL de LUGO.
Alí os grupos de 3 e 4 anos fixemos un puzle xigante coa obra "A escola de Doloriñas", da pintora lucense Julia Minguillón, mentras que o grupo de 5 anos fomos de "safari" polas distintas salas do Museo buscando animais que estaban agochados nos cadros. Foi xenial!!

O NOSO ENTROIDO

Mostra dos traballos realizados por algúns cursos de primaria sobre as distintas personaxes típicas do Entroido en Galicia.


jueves, 12 de marzo de 2015

POESÍA POR UN TUBO!!!!

Os rapaces e rapazas do Ies Pedregal de Irimia fixéronos unha visita moi especial na que recitaron ao alumnado poesía en galego.





sábado, 21 de febrero de 2015

Actividades do 1º trimestre

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organizamos unha serie de actividades con unha gran acollida por parte do equipo docente do centro, estas imaxes pertencen á Exposición terrorífica do Samaín, e o concurso " O meu desexo neste Nadal" de postais navideñas.




No Nadal

Isto é unha pequena mostra das actividades que fixemos no Nadal: Fomos a Correos levar as postais que fixemos para os nosos compañeiros de clase, participamos no Festival coa nosa "Árbore dos desexos " e cantando unha panxoliña, e recibimos con moitos nervos a PAPA NOEL, que chegou cargado de agasallos para tod@s!!